lunes, 23 de marzo de 2009

A HORA DO PLANETA


A hora do Planeta é unha iniciativa promovida por WWF(World Wide Found for Nature ) que consiste en apagar as luces dende as 20:30 (hora local) ata as 21:30, amosando así a nosa preocupación polo cambio climático.
Trátase de chamar a atención dos líderes de 192 países que se reunirán na Conferencia da ONU sobre o cambio climático. O obxectivo é lograr un acordo acerca da continuidade do protocolo de Kioto

A hora do Planeta non remata ás 21:30. A modificación de pequenos hábitos diminúe a presión que exercemos sobre a capa de ozono, relentizando o quecemento global, por exemplo: apagar as luces, controlar a auga que usamos ao ducharnos, utilizar bombillas de baixo consumo, reciclar o lixo...

Moitas cidades españolas únense a esta iniciativa, “apagándose” edificios tan emblemáticos como o Museo Guggenheim en Bilbao, a Sagrada Familia e a Torre Agbar en Barcelona, a Porta de Alcalá, a Cibeles e o Palacio de Correos e Telecomunicacións (Sede do Concello) en Madrid, o Acueducto e a Catedral en Segovia, o Concello e o Palau da Música en Valencia e a Mezquita de Córdoba. Á iniciativa sumáronse, ademáis, empresas españolas como Coca-Cola, Telefónica, Inditex, o BBVA, o grupo Prisa . A cidade de Vigo tamén terá o seu apagón: a Praza dos cabalos, o antigo edificio da Universidade Popular, o edificio do antigo rectorado... non prenderán as súas luces nesa hora


O ESPACIO EUROPEO DE EDUCACIÓN SUPERIOR

O día 18 de marzo, o profesor D. Manuel Justo Gil explicoulle ao alumnado de Bacharelato cales eran as características do novo espacio europeo de educación superior, que se vai derivar do coñecido " Plan Bolonia". Faloulles, ademáis, da estructura da nova selectividade que afectará aos alumnos que aproben 2º de BAC no curso 2009-2010.

Ante o interese mostrado por este tema o profesor D.Manuel Justo deixa a vosa disposición a presentación que fixo ese día.

lunes, 16 de marzo de 2009

IN MEMORIAN: AURORA GONZÁLEZ CABALLERO


Onte morreu a nosa compañeira Aurora. Estivo connosco só dous anos pero nese tempo poidemos falar sobre a educación e a vida, sobre o que tiñamos que transmitirlle aos nosos alumnos.
Ela, que levaba moitas vivencias as súas costas, sabía da importancia de marchar do pequeno mundo onde se desenvolvía a vida dos rapaces e rapazas do noso Instituto. Insistía en que aprendesen idiomas, que aproveitasen todas as oportunidades para coñecer outros sitios, outros países, outras persoas. Desexaba que fosen competentes nas línguas, abriríalles moitas portas.

Viaxeira incansable. Estivo en moitos países, neles aprendeu a respetar as ideas e creenzas de todos e tamén a defender as súas. Viviu anos en Casablanca como profesora de matemáticas do IES Juan Ramón Jiménez.

O ano pasado voltou a Vigo, xunto a súa familia e as grandes amizades de xuventude pero o destino impediulle continuar cos seus plans.

Botarémola en falta, Aurora sempre estará no noso recordo.

viernes, 6 de marzo de 2009

8 DE MARZO. DÍA INTERNACIONAL DA MULLER TRABALLADORA


Como supoño que todos e todas sabedes o día 8 de Marzo celébrase o Día Internacional da Muller, antes denominado Día da Muller Traballadora, xa que a conmemoración deste día xurdiu como una proposta de mulleres socialista na defensa dos seus dereitos como traballadoras ao principio do século XIX en EE UU e en Europa.

Coñecer a historia das primeiras mulleres que seguiron adiante cos seus sonos, a pesares moitas veces da oposición da sociedade, axudaranos a defender a igualdade de xénero en todas as facetas da vida.

Para saber mais da Historia das Mulleres en Galicia, na biblioteca do CEIP. Milladoiro de Malpica elaboraron una WebQuest sobre este tema e coñecendo xenerosidade da encargada da mesma poñémola a vosa disposición para que traballedes.

Os vosos titores, Jose Luis e Enma vanvos axudar nesta tarefa.

Todos os/as alumnos/as de 1º da ESO que remate ben a ficha de datos e a entreguen na Biblioteca antes do 18 de marzo recibirán un agasallo



Para acceder a Webquest, preme no debuxo




A PRIVACIDADE NA REDE

Os que utilizades con frecuencia os ordenadores da Biblioteca seguro que xa nos tedes escoitado algún "discursiño" sobre os perigos na Rede, sobre que debedes ser conscientes de que todo o que colguedes en páxinas de Internet é público.



A través do Mesturas, blog da Biblioteca do IES Sánchez Cantón chéganos unha iniciativa da Axencia Vasca de Protección de Datos onde se mostran as malas prácticas e os abusos na difusión da imaxe na Rede.
Este é un exemplo do que podedes ler na páxina da que vos estamos a falar.


"Se tes un segredo que contarlle a un amigo, seguro que non o fas poñendo un anuncio no taboleiro que hai no bar ao que vas cos teus colegas..."